Entelequias a obra protagonizada por Darío Autrán, Nerea Brey e Sabela Hermida estará no teatro Jofre de Ferrol en Novembro.

Dirixida por Jose Leis é a obra teatral máis ambiciosa ata a data da productora Abismo Caracol.  

A obra Entelequias dirixida por Jose Leis e escrita e protagonizada por Darío Autrán será un dos grandes eventos da tempada no teatro Jofre de Ferrol. A obra conta a historia do irmán pequeno da familia Aumont, Toni (Darío Autrán), que vive illado no seu cuarto trala dura separación coa súa muller Beatriz (Nerea Brey). A chegada dunha carta dos Servizos Sociais coa noticia de que a súa irmá, Magda (Sabela Hermida), á que daban por morta desde había dez anos, está viva, enfrontará a familia e a súa exmuller a un pasado que semellaba esquecido.