O próximo 24 de Abril a compañía Abismo Caracol estrea no teatro de Sada a montaxe «Todo Nunha Noite». Entradas á venta dende o próximo luns 18.
Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta… Todo Nunha noite é a nova montaxe teatral de Abismo Caracol dirixida por Darío Autrán (Salamandra, Relatos Negros, El cuarto de Mona) escrita por Manuel Manquiña e interpretada por el mesmo e Ángela Andrada. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións. O próximo domingo 24 de Abril poderá verse no teatro de Sada. As entradas estarán dispoñibles para mercarse dende este enlace ou no Concello.