Bucanero Teatro, Abismo Caracol e Manarte Producciones S.L presenta: Na porta dunha rúa que está a piques de nacer, Fabián, un gardián de pasado imposible, é examinado por Gerardo, decidido a crear unha rúa perfecta e controlada. A chegada de Marina, ex parella de Zamora, rompe o equilibrio: Zamora vai casar con Mónica e Marina entra movida polos celos e pola necesidade de saber quen é esa muller. O que comeza como unha comedia de situación convértese nun xogo absurdo, político e surrealista onde a voda, o poder e o amor deixan ao descuberto unha tristeza inesperada. Unha comedia sobre as fronteiras, o control e a imposibilidade de poñerlle portas á vida. Xosé Bonome — Gerardo Pedro Picos — Zamora Sabela Hermida — Marina Darío Autrán — Fabián Comedia escrita e dirixida por Darío Autrán Escenografía: Abismo Caracol Vestiario: Irene Queijo Deseño de iluminación: Is Torrado Son: Sara García Deseño gráfico: Héctor Bonome Produción: Sara Nieto Coa colaboración de Gadis, Asociación Veciñal San Mateo, Fundación AISGE e SGAE.



